Skip to main content
Sarria

Chegan a Sarria os venres de cine para os máis cativos

Por 21 Outubro, 2022Sin comentarios

Tódolos nenos e nenas do concello de Sarria poderán desfrutar a partir do día de hoxe da tempada de cine gratuíto na Casa da Cultura da vila. O cine infantil terá lugar todos os venres de outubro e novembro, a partir das 17.30 horas.

A iniciativa comeza hoxe venres 21 coa proxección do filme do Rei León e as seguintes das que poderán desfrutar os máis cativos serán: Coco que se proxectará o venres 28 de outubro, A Bela e a Bestia que terá lugar o día 4 de novembro, Buscando a Nemo que fará desfrutar ós nenos o día 11, Monstros SA que se proxectará o día 18 e por último Ratatouille que terá lugar o día 25.

Espérase unha moi boa acollida desta actividade, que busca o entretemento e a diversión dos máis pequenos.

O Rei León

Trala morte do seu pai, Simba enfrontarase ó seu tío para recuperar o trono de Rei da Selva. Timón e Pumba acompañarano na súa misión.