Skip to main content
Sarria

Sarria celebra esta fin de semana a décima edición do Master Futbolín

Por 26 Outubro, 2022Outubro 27th, 2022Sin comentarios

Un ano máis, o municipio lucense acolle a décima edición deste campionato que reunirá non só a parte dos mellores xogadores desta disciplina, senón tamén a centos de afeccionados e curiosos.

O evento celebrarase durante os días 28, 29 e 30 e haberá máis de 6.000 euros en premios.

Jonathan López Fernández, presidente da asociación Sarria Futbolín creada no ano 2016 afirma que “Este campionato recuperámolo despois de que se parara de organizar no ano ano 2016 ata chegar a esta X edición. Son 3 días de competición: o venres 28 na modalidade combinada, o sábado 29 en movemento (que é no que esperamos ter o máximo número de equipos participantes) e pechamos o domingo 30 coa modalidade parado e feminino”.

Os xogadores, acumularán puntuacións que lles permitirán reclasificarse en cada un destes grupos e así chegar ao podio para poder facerse cun dos moitos premios dispoñibles. “As clasificacións sairán obtidas de cada un dos campionatos e de cada nivel de xogo: elite, primeira categoría e segunda categoría” destaca o presidente.

Para inscribirse ou consultar información pódese chamar ó número de teléfono 637 176 984 (Jony) ou facelo mediante a páxina de facebook: @lnfsarriafutbolin.