Skip to main content
Sarria

Aberto ó tráfico un novo treito da autovía Lugo-Sarria

Por 31 Outubro, 2022Novembro 2nd, 2022Sin comentarios

Vén de habilitarse ó tráfico un novo tramo da autovía Lugo-Sarria, o que vai dende Nadela a Sarria. Este é o treito 9,70 da calzada dereita en sentido Sarria. Isto é, a calzada en sentido crecente para o tráfico que vai dirección a Sarria, ligazón da Pobra de San Xiao ata o punto 23.200 na ligazón de Sarria centro.

Ademais, tamén se abrirá ó tráfico un tramo de 1,2 quilómetros da calzada esquerda do novo tramo da autovía en sentido Lugo. Concretamente,  a calzada en sentido decrecente para o tráfico que vai dirección a Lugo, desde o quilómetro 23.200, no enlace de Sarria centro, ó punto quilométrico 22,  no enlace de Sarria norte.

En paralelo, a Xunta segue a ultimar os traballos da primeira fase desta autovía. Agora quedará como única afección o desvío do tráfico en sentido Monforte-Lugo pola estrada LU-546, entre os enlaces de Sarria norte e A Pobra de San Xiao.

Deste xeito, nesta última fase os traballos céntranse na capa de rodaxe na calzada de desdobramento, así como os correspondentes á disposición de sinalización horizontal e acabados, co obxectivo de rematar as obras este outono.

A Xunta está a destinar un orzamento de 25 millóns de euros nesta intervención que supón a adaptación dos tres enlaces do treito: A Pobra, Sarria norte e Sarria centro, e a ampliación dos seis pasos inferiores; así como a instalación dun valado reforzado para evitar o acceso de fauna salvaxe.

Progresos na segunda fase da autovía

O departamento de Infraestruturas da Xunta, de xeito paralelo, segue progresando na segunda fase da autovía, tras a adxudicación da redacción do proxecto construtivo que completará o desdobramento da infraestrutura ata Lugo.

Esta segunda fase da autovía abrangue 13,5 quilómetros, entre A Pobra de San Xiao e a conexión coa A-6 en Nadela.

Este traballo, adxudicado por case 270.000 euros, ponse en marcha para poder dispoñer xa a mediados de 2023 dun proxecto de trazado para someter a información pública.

O Goberno galego leva investido máis de 135 millóns de euros na construción, nos peores anos da crise económica,  da vía de altas prestacións entre Sarria e Monforte, rematada no ano 2015, e agora continúa co seu desdobramento.