Skip to main content
Triacastela

Triacastela conta cunha nova centenaria, Araceli Carballo

Por 17 Outubro, 2022Outubro 19th, 2022Sin comentarios

Esta veciña do concello de Triacastela, vén de cumprir esta fin de semana 100 anos.

Araceli Carballo naceu na parroquia de Cancelo, na casa da Torre, e casou no mesmo pobo que a viu nacer co seu marido que pertencía á casa Belón, tamén na mesma parroquia. Ambos tiveron un fillo e unha filla e contan agora cunha neta e dous bisnetos que son a alegría da casa.

Esta fin de semana acompañouna toda a familia na celebración especial dese cumpreanos, que tamén contou con presenza especial da súa irmá Julia de 94 anos.

A centenaria Araceli Carballo dedicouse durante toda a súa vida aos labores de labranza e tamén ao coidado da casa. Na actualidade, vive na casa familiar co seu fillo Luis e a súa Nora Esperanza e atópase estupendamente.

Con motivo do seu centenario, recibiu a visita da alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e do tenente de alcaldesa Óscar Fontal.

A día de hoxe, o concello de Triacastela conta con dúas mulleres centenarias máis a parte de Araceli.