Skip to main content
Sarria

Sarria organiza unha nova edición de concursos ‘Nadal en Sarria’

Por 13 Decembro, 2022Sin comentarios

Desde onte ata o próximo 30 de decembro está aberto o prazo para inscribirse e participar nos distintos concursos de Nadal organizados polo Concello de Sarria dentro da iniciativa ‘Nadal en Sarria’.

Así, celebrarase a III edición do concurso de fotografía ‘Desde Sarria con amor’, a tamén III edición de deseño de bolas de nadal, a III edición de decoración de Nadal, a II edición de postais de Nadal e, como actividade sorpresa, a I edición de panxoliñas.

As persoas interesadas en participar poderán facelo do seguinte xeito:

As postais e as bolas de Nadal se presentarán na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar, mentres que as demais propostas terán que ser enviadas por correo electrónico a estas direccións: fotografia.nadal@sarria.gal; decoracion.nadal@sarria.gal; panxolina.nadal@sarria.gal.

Os e as gañadoras obterán unhas tarxetas agasallo para mercar nos comercios locais de Sarria.