Skip to main content
Sarria

O goberno local de Sarria xuntarase con Benjamín Escontrela para esclarecer o tema dos contratos

Por 15 Xaneiro, 2023Xaneiro 16th, 2023Sin comentarios

O Concello de Sarria convoca para o luns a xunta rectora da residencia de maiores Nosa Señora do Carme para tratar o tema dos contratos que Benjamín Escontrela realizou a un detective para espiar a situación de traballadoras da residencia que estaban de baixa.

Estes contratos, firmados en 2019, son nove, segundo os datos recompilados polo goberno sarriao, que tiveron como obxectivo averiguar se 8 das traballadoras estaban facendo un “mal uso” da súa baixa laboral.

O problema vén cando se sabe que eses contratos ascenderon a 17.887,50 euros que se pagaron en 2019 por parte do concello, o que se deduce nun gasto privado que pagou a cidadanía.

A esta reunión asistirán 17 membros do concello, entre os que se atopa o alcalde, Claudio Garrido, o aludido, Benjamín Escontrela e Félix Seijas, o edil que é o novo responsable do xeriátrico.

Pola súa parte, e segundo o goberno local, o detective contactou co alcalde para comunicarlle que os informes que fixo ao finalizar a investigación que lle encargou Escontrela, foron entregados ao ex encargado da residencia e que hoxe en día non ten acceso aos expedientes nin el nin as traballadoras.

Esta reunión servirá para aclarar os asuntos e propoñer resolucións e medidas a adoptar, que poderán levar al traslado do asunto á Fiscalía.