Skip to main content
Sarria

Xa está aberta ao paso a pasarela do Toleiro de Sarria

Por 18 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Sarria reabriu o paso pola pasarela do Toleiro tras cambiar o pavimento de madeira por formigón, xa que este estaba moi desgastado e con madeiras soltas que produciran varias caídas en época de chuvias e xeadas, supoñendo un risco para os cidadáns.

As obras duraron dúas semanas e consistiron na reconstrucción do chan con formigón alixeirado con arlita, a construción duns canlóns para a condución da auga e a mellora visual do interior da ponte, que foi pintada. A parte exterior quedou como estaba, do que algúns veciños se queixan.

Porén, nos vindeiros días e coa mellora das condicións meteorolóxicas, levarase a cabo unha segunda fase na que se porá unha capa de resina para que o firme da ponte teña un resultado parecido ao do paseo do Malecón.

Ademais, serán eliminados os chanzos que dan acceso á pasarela desde a devandita rúa e, no seu lugar, construirase unha rampla.

Estas actuacións para mellorar a pasarela do Toleiro por parte do Concello, tivo un custo total duns 42.000 euros.