Skip to main content
Sarria

O alcalde de Sarria comprometeuse a arranxar de forma urxente as estradas afectadas polo temporal

Por 24 Xaneiro, 2023Xaneiro 26th, 2023Sin comentarios

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, mantivo unha reunión cunha vintena de veciños de Vilamaior para abordar as opcións de reparación da pista afundida entre a igrexa de Santa María de Vilamaior e a estrada provincial LU-P-5709 e desprazouse ata o lugar de Bade para coñecer os danos ocasionados pola intensa chuvia da pasada semana e o atasco do saneamento.

O rexedor comprometeuse a acometer “con fondos e recursos propios do concello, o arranxo urxente da estrada” para evitar que os veciños teñan que dar un rodeo, no caso da pista afundida, e dixo que arranxarán nos vindeiros días os danos en Bade.

A maiores desta actuación inmediata para restablecer o tráfico rodado, o rexedor non descartou para o futuro a realización dunha intervención máis ambiciosa na mesma zona coa finalidade de evitar que novas enchentes poidan ocasionar desperfectos semellantes.