Skip to main content
Ourol

Ourol aproba o orzamento deste ano que ascende a máis de 2 millons de euros

Por 5 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Ourol xa ten aprobado, de forma definitiva, o orzamento deste ano 2023 e que ascende a 2.051.305,06 euros. Un presuposto similar ao dos anteriores anos.

Dentro do capítulo de gastos, 1.134.929,77 euros estarán destiandos a gastos de personal, 4.000 euros para a Ruta Indiana e a súa posible ampliación e ademais haberá axudas para o Club de Lucha de Brazos e para todas as comisións de festas.

No relativo a inversións reais faranse os investimentos supoñen 236.570,47 euros e que servirán para obras de reparación en estradas de case todas as parroquias con cargo ao Pan Único 2022.

Tamén dstinaranse 75.000 euros para a creación da residencia da terceira idade nunha parcela de titularidade municipa. O alcalde prevé que a entrega da parcela á Deputación de Lugo farase neste mes, unha vez se resolvan os trámites previos.