Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

O Programa de Envellecemento Activo do ano 2023 xa está en marcha con diversas actividades

Por 5 Febreiro, 2023Febreiro 7th, 2023Sin comentarios

O Concello de Bóveda pon en marcha o Programa de Envellecemento Activo para o ano 2023 con actividades totalmente gratuítas de memoria e ximnasia en diferentes parroquias.

Así, o martes que vén comeza no Centro Sociocultural de Bóveda un obradoiro de memoria entre as 11.00 a 12.30 horas.

O mércores terá lugar no local social de Rubián outro taller de memoria de 17.45 a 18.45 horas e ás 19.00 haberá ximnasia ata ás 20.00 horas.

Ese mesmo día, pero no local social de Raíña, está organizado un obradoiro de memoria de 15.30 a 17.00 horas e de 17.30 a 18.30 horas, haberá ximnasia.

Pola súa parte, o xoves, no local social de Ribas Pequenas, terá lugar tamén un obradoiro de memoria entre as 15.30 e 17.00 horas e a partir das 17.30 ás 18.30, ximnasia.

No local social de Guntín, ese mesmo xoves estará o obradoiro de memoria de 17.15 a 18.45 horas e de 19.00 a 20.00 horas, ximnasia.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 982 42 60 06.

Se nalgún outro lugar se forma un grupo con este número de persoas, poden poñerse en contacto co Concello para ver a posibilidade de estender as actividades a novos lugares e parroquias.