Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

O BNG da zona sur de Lugo expuxo a súa preocupación polo problema demográfico no Parlamento Europeo

Por 9 Febreiro, 2023Febreiro 13th, 2023Sin comentarios

O partido nacionalista de Monforte, xunto con outras 15 persoas do BNG da zona sur de Lugo, fixeron unha viaxe ata o Parlamento Europeo, para levar as necesidades desta zona en canto a infraestructuras, envellecemento da poboación.

Durante este evento tiveron unha xuntanza con Valentina Corsetti, coordinadora de retos demográficos, Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana (DG REGIO) na Comisión Europea coa que falaron de diferentes iniciativas en materia de loita contra o despoboamento desde a perspectiva do FEDER.

Tamén falaron con Serafín Pazos-Vidal, politólogo e galego de nación, e experto en Desenvolvemento Rural e Territorial na AEIDL (Asociación Europea para a Innovación no Desenvolvemento Local).

Ademais, manifestaron a preocupación polo problema demográfico transversal “a pesar de vir dunha terra con recursos e patrimonio, que de non reverter esta problemática as tendencias condéanos ao deserto demográfico”, argumentaron.

“Precisamos de infraestruturas viarias en bo estado e suficientes, recuperar e reactivar os nosos servizos ferroviarios e xerar oportunidades da man dos sectores produtivos e cun modelo turístico sustentable”, precisaron, reclamando medidas efectivas para contribuir ao desenvolvemento do territorio.