Skip to main content
Sarria

O PSOE de Sarria expulsa a Pilar López e abre un expediente a Diego López tras votar en contra dos orzamentos

Por 14 Febreiro, 2023Sin comentarios

O PSOE de Sarria expulsa a Pilar López como concelleira do partido socialista e dende o grupo din que se actuará “contundentemente contra o incumprimento dos nosos estatutos, nos que se recolle que a dirección local ten a capacidade de decidir o voto nos temas relevantes do Concello”.

Desde o grupo político explican que o pasado 30 de xaneiro a executiva local tivo unha reunión cos representantes dos traballadores do Concello de Sarria, tras a cal votouse, por unanimidade, a favor dos orzamentos para posibilitar a RPT.

Así, trasladáronlle aos concelleiros o acordo tomado pola executiva para que así o fixesen efectivo no pleno, pero os concelleiros socialistas Pilar López e Diego López votaron en contra.

Desde o PSOE afirman que “as decisións da executiva local son de obrigado cumprimento para os membros do grupo municipal socialista e non facelo considérase unha falta moi grave”.

Así, defenden que utilizaran os recursos que están o seu alcance para facer cumprir as normas internas ao grupo municipal expulsando do mesmo a Pilar López por non pertenecer xa desde maio ao partido socialista e abrir expediente a Diego López por incumprir o mandato da executiva sarriá, trasladado por medios telefónicos e via email, ademais de convidar ao concelleiro a unha reunión cos traballadores á que non acudiu.

“Pedimos desculpas aos traballadores afectados, sabemos que a RPT era moi importante para eles despois de tantos anos de loita, empatizamos con eles e tamén nos sentimos traizoados por aqueles que din que nos representan, pero que en realidade se representan a si mesmos utilizando os votos do Partido Socialista”, denuncian.

Por outra parte, recordan que xa se votou que Escontrela non encabece a candidatura.