Skip to main content
Sarria

A actuación do mago sarriao Roberto Lolo en Got Talent fíxose viral nas redes sociais

Por 17 Febreiro, 2023Febreiro 18th, 2023Sin comentarios

O mago sarriao Roberto Lolo fíxose viral nas redes sociais despois de que o programa Got Talent publicara o seu vídeo inédito de cando participou no programa o pasado verán.

O vídeo publicouse na páxina de Facebook de Got Talent o pasado 9 de febreiro e xa acumula máis de 140 mil reproduccións e comentarios positivos que ilusionaron e emocionaron a Roberto.

O mago sarriao que organiza cada ano o Festival de Maxia de Sarria explicou que sempre ve o programa cos seus pais, porque lles gusta moito.

Un día, conta, súa nai díxolle que por que non ía el a concursar no programa e o mago, sen dicir nada, mandou os vídeos, presentouse no cásting e, de sorpresa, chamárono para participar.

“Fun divertirme, non me interesaba participar en competición, pero sorprendín aos meus pais e a un montón de xente en internet”, declara.

Roberto Lolo continúa a súa andaina por toda Galicia e España co seu espectáculo ‘Mira el Coyote’.