Skip to main content
Sarria

O PP de Sarria xa conta coa súa candidata ás eleccións

Por 19 Febreiro, 2023Febreiro 20th, 2023Sin comentarios

O Comité Executivo do PP de Sarria acordou designar candidata á Alcaldía nas próximas eleccións municipais a Carmen José López Rodríguez, quen asegura que “me fai gran ilusión este proxecto que ten como obxectivo devolver o esplendor e o seu lugar no mundo á nosa excepcional terra”.

Carmen José López cre que “Sarria está sedenta de ilusión” e cre que “temos que mirar para o futuro e non centrarse en loitas de egos que enchen de enfrontamentos a situación política da nosa vila”.

A alcaldable popular considera que 2hai que poñer en valor o noso territorio que é rico e excepcional para devolver o esplendor. A vila industrial de Sarria conta con xente emprendedora, cun rural con posibilidades e cunha situación xeográfica estupenda”.

O presidente do PP local, Fernando Carlos Rodríguez, sinala que se trata “dunha persoa moi vinculada persoal e familiarmente a Sarria, onde tanto ela coma os seus pais tiveron distintas responsabilidades”.

A dirección provincial traslada o seu apoio á decisión do comité executivo local e aplaude a incorporación ao proxecto do Partido Popular “dunha muller nova en política, con iniciativa, con ideas claras e con ganas de traballar por Sarria”.