Skip to main content
Sarria

Xacobeo Rutas organiza unha ruta para o vindeiro 5 de marzo

Por 24 Febreiro, 2023Febreiro 26th, 2023Sin comentarios

A Asociación Xacobeo Rutas organiza unha actividade para o 5 de marzo na que realizarán a Ruta da Camelia.

Nesta ruta, os asistentes percorrerán a ruta sinxela de San Xoán da Cova, de 13 km. Esta comeza no miradoiro de Gundián, onde se pode observar o canón do río Ulla. Alí poderán desfrutar do Muíño de Reboredo e da área do recreo Agronovo. Finalizarán a ruta na área do coto de Ximonode.

Ao mediodía, os participantes farán unha comida en grupo nun restaurante da zona e, pola tarde, visitarán o Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, que contén un espazo botánico ornamental con camelias e un paseo de olivos.

As persoas interesadas en participar desta experiencia, poderán solicitar praza ata o 2 de marzo e terán que pagar unha cota de 50 euros os non socios, e de 47 euros os socios, que inclúe o desprazamento, a comida, a entrada e visita ao Pazo e os seguros.