Skip to main content
Triacastela

Triacastela acolle a súa feira mensual acompañada da Furgoteca

Por 28 Febreiro, 2023Sin comentarios

Todos os 28 do mes, Tricastela celebra unha feira e, neste ocasión, coincide coa presentación da Furgoteca, un servizo moi demandado desde o Concello, xa que non contan con Biblioteca Municipal.

Así, Olga Iglesias, alcaldesa do municipio, dixo que espera unha gran afluencia de xente e colaboración por parte do colexio, Casa niño e Casas do Maior neste servizo “necesario para a poboación dunha biblioteca móbil que virá dúas veces ao mes, unha o día 28, coincidindo coa feira”.

Esta feira que ten lugar cada mes tiña como orixe o obxectivo de vender o gando e o intercambio de produtos, pero desde hai un tempo van catro polbeiras para dar un servizo gastronómico e que “fai que veña moita xente”, sostén a alcaldesa.

“É bo para o pobo que se conserve esta tradición na que se pode conversar, mercar e tomar o polbo”, sostén.