Skip to main content
Abadín

Cabaleiros de Abadín organiza unha ruta para o día 25

Por 28 Febreiro, 2023Sin comentarios

O club Cabaleiros de Abadín celebrará o 25 de marzo a primeira edición da súa Ruta Cabalar, que dará comezo ás 10.00 horas con saída do Campo da festa de San Cosme de Galgao.

Como colofón da ruta celebrarase un xantar no campo da festa servico por Hermanos Debasa a un prezo de 25 euros deixando paso pola tarde a unha sesión musical a cargo do dúo Meregue.

Haberá sorteos e agasallos para os participantes.

A asociación lembra que para acudir ao xantar non é necesario ir a cabalo pero si hai que anotarse antes do día 19 de marzo nos teléfonos 657 184 532 o no 674 486 628.

A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo.