Skip to main content
Sarria

A Feira de Antigüidades e Restauración de Sarria coincidirá co I Rally de Regularidad Vila de Sarria

Por 13 Marzo, 2023Marzo 14th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 30 de abril celébrase en Sarria a XXVI edición da Feira de Antigüidades e Restauración.

Esta Feira ten como motivo a celebración de San Lázaro e terá lugar na rúa Porvir.

As persoas que queiran achegarse a esta feira, considerada unha das feiras de antigüidades, restauración e coleccionismo máis importantes da comarca; poderán atopar obxectos de todo tipo.

Así, haberá postos de pezas de colección, antigüidades, xoias, libros, discos de música, mobles, arte e decoración.

Esta Feira, ademais, coincide co I Rally de Regularidad Vila de Sarria organizado por Club Clásicos Sarria.