Skip to main content
BurelaSarria

O Meigallos FS recibiron a visita das xogadoras do Pescados Rubén Burela FS

Por 2 Marzo, 2023Marzo 3rd, 2023Sin comentarios

O club sarriao de fútbol sala Meigallos FS recibiu a visita das xogadoras do Pescados Rubén Burela FS, que estiveron acompañadas de membros da Deputación de Lugo, que impulsou este encontro.

As gañadoras da Supercopa de España foron festexar cos xogadores do equipo sarriao a súa vitoria.

O deputado de Deportes Efrén Castro, que participou deste evento, explicou que “con este encontro entre clubs quixemos recoñecer nunha ocasión máis a impresionante traxectoria do Burela FS e achegala aos nenos e nenas que están empezando neste deporte”.

Dixo que o Pescados Rubén Rubén Burela FSA é o mellor equipo do mundo e que “é un valor que temos que aproveitar para alimentar o interese das xeracións máis novas polo fútbol sala e seguir avanzando na igualdade real no deporte”.

Durante o encontro, as xogadoras do Burela FS responderon ás curiosidades formuladas polas nenos e nenas nun coloquio que concluíu cun intercambio de agasallos entre os clubs, sinatura de autógrafos e fotografías coa Supercopa.