Skip to main content
Sarria

Este xoves Huellas Sarria organiza un mercado solidario para recadar diñeiro para os animais

Por 5 Abril, 2023Abril 6th, 2023Sin comentarios

Huellas Sarria organiza un mercado solidario o vindeiro xoves, 6 de abril, no antigo ambulatorio de Sarria.

O obxectivo deste mercado é poder seguir coa actividade que levan a cabo na organización e mantera os animais que teñen a cargo como aos que axuden cando xorden necesidades.

Así, o xoves santo terá lugar este mercadillo con roupa de inverno a prezos mínimos, a partir dun euro, e descontos especiais se as persoas levan varios artigos.

O horario será continuo desde as 12.00 horas ata as 18.39 horas da tarde no no recinto que se atopa na rúa Liberdade.

Ademais, estarán presentes os compañeiros de Michos de Lugo, por se algunha persoa quere botar unha man a esta organización de coidadores de gatos de Lugo.