Skip to main content
Sarria

Mutualistas e Dagla actuarán este venres no Buril de Sarria

Por 11 Abril, 2023Abril 13th, 2023Sin comentarios

O Buril organiza un concerto para este venres, 14 de abril, a partir das 22.30 horas.

Nesta ocasión, serán Mutualistas, un grupo de punk rock de Lugo, e Dagla, un grupo de stoner da Coruña, os que actuarán na sala Buril de Sarria.

O prezo da entrada para desfrutar da música destes dous grupos será de seis euros.

Por outra banda, o sábado, día 15, tocarán Rover Hakes dende Extremadura e Noite Atari desde Galicia a partir das 22.00 horas e terá un custo de 5 euros.