Skip to main content
Triacastela

O alumnado de Triacastela está elaborando un xornal chamado ‘O Papagaio’

Por 5 Abril, 2023Sin comentarios

Os nenos e nenas do CEIP Eduardo Cela Vila de Triascastela están elaborando un ‘o xornal da xente miúda’, o chamado ‘O Papagaio’.

Este medio de información, ideado e deseñado para nenos e nenas, achega diferentes xogos e artigos relacionados coa cultura e a lingua galega, a historia de Galicia a través de lendas en formato cómic, entrevistas e pequenos textos narrativos sobre o medio ambiente, etc.

Ademais, é un instrumento ideal para traballar a compresión e expresión oral e escrita, polo que é habitual nas clases de Lingua Galega e Lingua Castelá.