Skip to main content
Triacastela

A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago reunirase en Triacastela

Por 14 Abril, 2023Sin comentarios

Triacastela acolle hoxe a reunión de traballo da xunta directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago.

Presidida polo alcalde de Pamplona, Enrique Maya, a asociación agrupa a 107 concellos de cinco comunidades autónomas.

Nesta reunión, ademais de participar a presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias; tamén o farán o vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e o delegado territorial da Administración autonómica en Lugo, Javier Arias.