Skip to main content
Triacastela

Triacastela acolleu a reunión da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

Por 16 Abril, 2023Sin comentarios

Os representantes da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS) celebraron a súa súa xunta directiva en Triacastela, ata onde se achegou o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo.

Diego Calvo puxo en valor o traballo levado a cabo pola AMCS, da que forman parte máis dun cento de municipios de Aragón, Navarra, A Rioxa, Castela e León xunto con 11 concellos da mancomunidade no tramo galego do Camiño Francés.

Deste xeito, incidiu en que a colaboración conxunta nestes territorios desde a creación da organización en 2015 contribúe á conservación da ruta, á súa promoción e difusión e, por suposto, á dinamización económica dos concellos que atravesa. Por iso, apelou a seguir compartindo proxectos para manter o éxito e o crecemento do Camiño na actual década xacobea.

Na reunión estiveron o presidente da entidade, o alcalde de Pamplona, Enrique Maya Miranda, e a súa vicepresidenta e alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, tamén presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.