Skip to main content
Ourol

Dous partidos polo destino de Ourol

Por 21 Maio, 2023Maio 22nd, 2023Sin comentarios

O alcalde socialista José Luis Pajón acadou nas anteriores eleccións a maioría absoluta ata reducir os edís da oposición a tan só un, o do Partido Popular

Só dous partidos volven optar nestes comicios á Alcaldía de Ourol. Repite na candidatura socialista a actual rexedor, José Luis Pajón. O outro candidato que opta ao bastón de mando é o popular José Hermida Corbelle, empresario do sector agrario e forestal. Estes dous partidos presentan unhas listas moi similares ás das anteriores eleccións de 2015.

PSOE. O actual alcalde José Luis Pajón volve ser o candidato socialista para estas eleccións. “O primeiro e mais importante é que ao final da vindeira lexislatura a residencia de maiores estará en funcionamento, seguiremos mellorando os servicios, e seguiremos coa ampliación da rede de abastecemento de auga así como da mellora da mesma”, di Pajón.

Un dos obxectivos de Pajón é o de rehabilitar os antigos pisos dos mestres para dedícalos ao aluguer social, e poñer a disposición da Xunta terreos para a construción de vivendas. “Hai que intentar que Ourol volva a contar con colexio”, explica.

Os maiores do municipio son un punto importante por iso seguirá mellorando a axuda a domicilio. Nesta liña, implementou un servizo de xeolocalización para emerxencias pois “somos un concello moi grande e moi disperso no que vive moita xente maior”.

Outro dos seus obxectivos é seguir apostando pola Ruta Indiana e a súa posible ampliación, así como seguir fomentando o apoio a asociacións de veciños para actos e festas patronais, así como seguir coas axudas ás asociacións deportivas que hai no concello.

PP. O empresario José Hermida Corbelle é de novo o candidato do Partido Popular.

O aspirante do PP deixou claro que asume o reto con toda responsabilidade e ilusión e co desexo de pilotar un goberno que saque a Ourol “do estancamento no que o meteu o actual equipo de goberno, do PSOE; é preciso traballar con eficacia para que este concello avance o necesario”.

O candidato di que entre os seus obxectivos está o de mellorar as infraestruturas viarias. Por un lado, “hai que levar a cabo un mantemento de calidade das estradas municipais, porque tal como se está facendo é de moi curta duración e os firmes están sempre cheos de fochancas”. Na mesma liña, apunta a posibilidade de abrir novas pistas forestais, dada a importancia que ten o sector forestal no concello. En canto a outro tipo de infraestruturas, Hermida sinala que “hai que avanzar en levar a traída de auga aos núcleos que aínda non teñen”.

Hermida destaca que “hai que dar impulso ao polígono industrial e xestionar facilidades para que se implanten nel empresas”.  Entre as iniciativas que apunta Hermida, figura a rehabilitación dos antigos pisos dos mestres, co fin de dedicalas a vivendas sociais. E destaca que para facer atractivo o municipio para as visitas turísticas “queda moito por facer”; cre que ten atractivos naturais máis que suficientes para espertar o interese dos turistas.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PP

1. José Hermida Corbelle
2. Miguel Lopez Piñón
3. Carlos Ríos López
4. Eduardo Lamelas Cao
5. Tamara Cobas Rubal
6. José Manuel Lamelas Vázquez
7. Enrique López Losada
Suplentes:
1. Francisco Esmorís Sotelo
2. Enrique Martínez Ocampo

PSOE

1. José Luis Pajón Camba
2. Ana María Rico Pernas
3. Víctor García Rodriguez
4. José Ramon Cal García
5. María Regina Peña Martinez
6. Manuel Barro Iravedra
7. Ramón Seijas Orol
Suplentes:
1. María Carmen Seijas Lamelas
2. Francisco Rodriguez Duarte