Skip to main content
Ourol

O día 23 terá lugar un curso sobre exercicio físico e ocio para maiores en Ourol

Por 20 Maio, 2023Sin comentarios

O vindeiro día 23 de maio ás 16.30 horas terá lugar no edificio multiusos un curso sobre exercicio físico e ocio para maiores. Este curso realízase en colaboración coa Escola Galega de Saude para Cidadáns e vai dirixido a toda a poboación.

Esta actividade ten como obxectivo proporcionar coñecementos sobre a importancia dun estilo de vida saudable e o desenvolvemento de actividades físicas que atrasen o envellecemento e a perda de masa corporal favorecendo a prevención de enfermidades.

Todas aquela persoas interesadas en pareticipar nesta actividade poden anotarse chamando ós teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457.