Skip to main content
Lugo

A Hedreira acolle este venres a proxección dun documental sobre a loucura

Por 25 Maio, 2023Sin comentarios

Este venres 26 de maio ás 20:00 o Centro Social Autoxestionado A Hedreira de Lugo tratará un tema moi importante que é a saúde mental, dando voz ás persoas protagonistas coa estrea documental en Lugo de Agromantes: relatos de psiquiatrización e loucuras en primeira persoa, coa presenza da directora Cora Peña e protagonistas.

No documental, un grupo de persoas reúnense para compartir experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada. Entre todas van trazando un debuxo complexo de como se vive nestas condicións de sufrimento psíquico intenso, nunha contorna de estigma e incomprensión. Pero na escena tamén aparece o humor, autoconsciencia e unha gran sensibilidade que interpela directamente ao inadvertido espectador (duración 71′).