Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

A SD Sarriana consegue o ascenso a Terceira División tras o enfrontamento coa Residencia

Por 22 Maio, 2023Maio 23rd, 2023Sin comentarios

O equipo de fútbol sarriao SD Sarriana conseguiu o ascenso a Terceira División despois de enfrontarse este domingo no derbi provincial contra o equipo SDC Residencia de Lugo nun partido no que a Sarriana conseguiu un punto por riba, 2-1, no seu campo, a Ribela.

Desde o club destacan que é “algo histórico”, xa que é un dos poucos equipos do grupo Preferente Norte que nunca estivera en Terceira, polo que “por fin se fixo xustiza”, argumenta Josito López, coordinador da Sociedade Deportiva Sarriana.

O que máis valoran deste ascenso foi poder facelo en casa, coa afección, cos socios, patrocinadores e colaboradores; así como con toda a comarca de Sarria, que se volcou co club e participou deste evento, no que estiveron na grada centos de persoas apoiando un derbi que “foi complicado”, explican.

Nas imaxes de debaixo pode verse como se viviron estes momentos de ledicia despois do partido e de conseguir o ascenso.