Skip to main content
Sarria

Un novo número da revista Macheta publicarase en xuño da man da Asociación Cultural Huhú e Teixo

Por 18 Maio, 2023Maio 19th, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Huhú anuncia que, da man da asociación Teixo, no vindeiro mes de xuño levarán a cabo a publicación dun novo número da revista Macheta.

Esta revista contracultural, como a define o colectivo, existiu no ano 1995 e saía de maneira esporádica, sen unha periodicidade establecida e era o colectivo Teixo o encargado de publicar esta revista, que chegou a ter seis publicacións e repartíase de maneira gratuíta.

A Macheta recollía aportacións gráficas e escritas de diversa índole “cun elenco de colaboradores transversal que fuxía das habituais concepcións de calidade ou profesionalismo”, explican desde Huhú.