Skip to main content
Ourol

A balanza de Ourol inclínase por Pajón

Por 12 Xuño, 2023Xullo 4th, 2023Sin comentarios

O actual alcalde socialista volverá poñerse á cabeza deste municipio malia a baixada de concelleiros respecto aos comicios do 2019.

En Ourol, o PSOE volveu gañar por maioría absoluta ao PP conquerindo 5 concelleiros sobre 2 dos populares. Así, o actual alcalde, José Luis Pajón, volverá poñerse á fronte deste municipio malia que baixou en 3 concelleiros respecto aos comicios do 2019. O 69,14 % da veciñanza decantouse polo grupo socialista fronte ao 29,45 % polos populares que fixeron que subira 1 escano.

Pajón agradeceu á veciñanza a confianza depositada nel e debullou varios obxectivos para estes vindeiros catros anos como rehabilitar os antigos pisos dos mestres para dedícalos ao aluguer social, e poñer a disposición da Xunta terreos para a construción de vivendas. “Hai que intentar que Ourol volva a contar con colexio”, explica.

Os maiores do municipio son un punto importante, por iso seguirá mellorando a axuda a domicilio. “O primeiro e máis importante é que ao final da vindeira lexislatura a residencia de maiores estará en funcionamento, seguiremos mellorando os servicios, e seguiremos coa ampliación da rede de abastecemento de auga así como da mellora da mesma”, di Pajón.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • José Luis Pajón Camba PSOE
  • Ana María Rico Pernas PSOE
  • Víctor García Rodriguez PSOE
  • José Ramon Cal García PSOE
  • María Regina Peña Martinez PSOE
  • José Hermida Corbelle PP
  • Miguel Lopez Piñón PP

Outro dos seus obxectivos é seguir apostando pola Ruta Indiana e a súa posible ampliación, así como seguir fomentando o apoio a asociacións de veciños para actos e festas patronais, así como seguir coas axudas ás asociacións deportivas que hai no concello.

Pola súa banda, o empresario José Hermida Corbelle, que encabeza o Partido Popular local, quixo agradecer a todos os votantes, e en especial os seus compañeiros de lista “polo traballo e esforzó realizado nesta campaña pois foi unha campaña limpia”. “Explicamos o noso proxecto levávamos un proxecto ilusionante unha candidatura con ganas de traer progreso a Ourol pero os veciños non o entendieron así, e sacamos uns resultados mellores, pero creo q merecíamos máis”, engadiu, “por todo iso temos que facer unha oposición forte e máis mediática para tratar de que chege á xente o traballo que fai a oposición no concello e que creo que non se ve reflexada”.