Skip to main content
Trabada

O grupo de goberno do Concello de Trabada di que fixo todos os trámites para garantir o subministro eléctrico do Porta a Porta

Por 21 Xuño, 2023Sin comentarios

O grupo de goberno do Concello de Trabada, ante as críticas do PP, quere deixar claro que fixo todos os trámites para garantir o subministro eléctrico ao autobús do programa ‘Coidados Porta a Porta’.

O Concello de Trabada fixo a petición de luz o martes día 6 de xuño, enviouse o boletín por correo electrónico e ese mismo día enviouse o contrato asinado.

“Dado que temos problemas coas empresas que instalan os enganches eventuales, en vez de pedir para o 20 de xuño pediuse para o 18 de xuño, en total do 18 ao 22 como se ve no contrato”, engade o concello.

Tras a firma do contrato falouse duas veces coa comercializadora na semana do 5 ao 11.

Onte, á vista de que non se había feito o enganche, chamouse á comercializadora duas veces e estaba todo correcto, trasladando ao concello que darían a luz ao largo do día, pero non foi así finalmente.

Polo tanto, dende o Concello de Trabada “fixemos todo o posible para que hoxe, como en anteriores ocasións, o camión de programa ‘Porta a Porta’ tivera luz, polo tanto lamentamos as molestias ocasionadas, pero o Concello non tivo nada que ver”.