Skip to main content
Guntín

Guntín: Máis popular que nunca

Por 7 Xuño, 2023Sin comentarios

O PP mellora resultados, xa que suma un concelleiro, o que perde o PSOE, que queda con un. O BNG seguirá unha lexislatura máis fóra da corporación.

CONCELLEIROS

◆ María José Gómez Rodríguez (PP)
◆ Verónica Vilela Coto (PP)
◆ Vidal López Rodríguez (PP)
◆ Olga López García (PP)
◆ José Vázquez Barreiro (PP)
◆ María Teresa Estévez López (PP)
◆ José Luis López Fernández (PP)
◆ Juan Carlos López López (PP)
◆ Ángel Pérez Rodríguez (PP)
◆ José Alberto López Quiroga (PP)
◆ José Antonio López Varela (PSOE)

En Guntín o PP continúa a súa tendencia ascendente que vén mantendo desde 2015 e acada nestas eleccións dez dos once concelleiros que forman a corporación municipal, revalidando así unha maioría absoluta que ostenta desde 1991.

María José Gómez, que volverá ser alcadesa deste municipio prometeu “seguir gobernando na liña na que temos traballado estes catro anos pero, se cabe, con máis experiencia”.

O partido socialista, encabezado por José Antonio López, que viña de perder dous concelleiros nas pasadas eleccións, queda, despois deste 28 de maio, coa mínima representación sendo o seu concelleiro o único da oposición. Os socialistas perderon máis de 250 votos e pasan dunha porcentaxe do 22,57 por cento a só un 9,67.

Os nacionalistas acadaron uns resultados similares ao 2019, perdendo dous votos, pero continúa sen ser suficiente para entrar no pleno municipal xa que se quedaron no 5,72% dos sufraxios, que marcan un total de 179 votos.

Co apoio das urnas, María José Gómez non terá problema para formar goberno.