Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

O Lago DVSport volverá celebrar esta fin de semana o seu torneo de fútbol sala

Por 6 Xuño, 2023Sin comentarios

O III Torneo Futsal Base Lago DVSport volverá celebrarse esta fin de semana con máis de 450 nenos e nenas de 47 equipos.

Está prevista a participación de 13 clubs e a celebración de 85 partidos para todas as categorías do fútbol base agás a xuvenil, desde os máis pequenos, os biberóns, ata os cadetes.

Convivencia e deporte que farán das Pontes a capital do futsal base o venres 9, sábado 10 e domingo 11 de xuño nos pavillóns Municipal e Monte Caxado.

Colabora neste actividade ademais dos organizadores, o Concello das Pontes, a Deputación da Coruña e a RFGF.