Skip to main content
Guntín

Guntín conta cun campamento de verán de quendas semanais

Por 4 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Guntín contará cun campamento de verán, CampaGuntín, que dará comezo o día 10 de xullo e se prolongará ata o 1 de setembro en quendas semanais.

A inscrición para o mesmo, que ten un prezo simbólico, pode realizarse nas oficinas municipais ata os días previos ao inicio da semana e a a admisión é por orde de entrada.

O campamento desenvolverase con xogos e moitas actividades de luns a venres en xornada de mañá, de 10 a 14.00 horas, abrindo algo antes para axudar aos pais a conciliar.

Admitiranse nenos a partir de catro anos e informarse sobre o proceso no teléfono 627 372 950.