Skip to main content
Guntín

Guntín celebra o venres a segunda Festa da Xuventude

Por 16 Xullo, 2023Xullo 17th, 2023Sin comentarios

Con moita ilusión presentou a alcaldesa de Guntín, María José Gómez, a segunda edición da Fesat da Xuventude, que se celebrará na vila o venres 21.

A celebración comezará xa de mañá, aínda que o prato forte será en horario nocturno. As 13.30 horas haberá unha actuación musical e durante a tarde, a partir das 18.30 horas, será o tempo dos máis pequenos cunha festa infantil a cargo de Total Sport. Esta será na praza da igrexa.

Pola noite será o momento dos máis maiores coa verbena na que encabeza o cartel a orquestra Panorama. Xunto a ela estarán actuando tamén Coco Music e DJ Marcos Magán, que animarán a sesión ata ven entrada a madrugada.