Skip to main content
Triacastela

Búscanse tres persoas para traballar como condutor de vehículo motobomba en Triacastela

Por 4 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Triacastela vén de ampliar o prazo para que as persoas interesadas en presentarse como candidatos para o emprego de condutores de motobomba, poidan facelo ata o vindeiro 6 de xullo.

Así, as tres persoas que sexan elixidas para este labor, participarán na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba.

A fase de elección levarase a cabo a través do proceso de concurso-oposición, polo que valoraranse as tarefas desenvolvidas en empregos similares ou iguais en anteriores ocasións, así como a formación necesaria para levar a cabo este traballo.