Skip to main content
Abadín

A Rumboia estrea en Abadín o día 29 un festival cultural

Por 16 Xullo, 2023Xullo 17th, 2023Sin comentarios

A Asociación xuvenil A Rumboia, de Abadín, estrea o día 29 de xullo Rumboia Viva, un festival cultural que nace, con aires de continuidade, na porta da Terra Chá.

Son moitas as actividades que presenta o colectivo para esta primeira cita coa que se quere poñer en valor parte do seu patrimonio natural, como son as queirugas, os grelos ou os penedos.

As celebracións arrancarán ás 16.30 horas cun mercado de artesanía, que estará aberto durante a celebración. Psrs animar a tarde están previstas dúas actividades, o contacontos de Ángeles Goás, Un saco de contos, e unha cata de viño e degustación de queixo a cargo de Bodegas Rectoral de Amandi e Lácteos Lorán.

O tempo da música arrancará ás 20.00 horas coas cantareiras e pandereteiras Lambe Lambe. O seguinte concerto previsto, ás 21.30 horas é o de Ataque Escampe, que presentará o seu novo traballo, Cabalgata, xunto as cancións de sempre.

Continuará a festa que ofrecerá o grupo de Muros Lisdexia, antes de la actuación de The Rapants, prevista para a 1.00 horas.

Rematarán a noite con dúas actuacións máis, a dos DJ Señora e Peabody.

O colectivo organizador, que está a revitalizar a vida cultural do termo municipal durante todo o ano, conta tamén con realizar algún sorteo nas redes sociais.

A actividade, que é totalmente gratuíta, conta tamén con zona de acampada.