Skip to main content
Guntín

Guntín celebra a fin de semana a XX edición da festa do Pemento de Mougán

Por 23 Agosto, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

Guntín prepara unha nova edición da Festa do Pemento de Mougán, que terá lugar os días 26 e 27 de agosto. O sábado comezará co pregón ás 13.30, xusto despois da actuación da Banda Municipal de Guntín. Será o escritor en lingua galega Xosé Luis Vázquez Somoza, natural de Zolle, o encargado desta función.

Haberá unha degustación de pementos e de tortilla de pemento ás 14.00 Pola tarde ás 17.00 comezará o campionato de tute e ás 20.00 horas presentará o licor de pemneto a cargo do Bruxo Queiman. A verbena da noite estará amenizada pola orquestra Acordes de Grolos.

O domingo comeza o día coa orquestra Galaxia na sesión vermú que comeza ás 13.30 para continuar coa comida popular na Carballeira de Meixaboi. Pola tarde, ás 17.00 horas, haberá unha actuación folk do Bruxo Queiman e a súa banda. Rematará a xornada festiva coa actuación da orquestra Galaxia a partir das 19.00 horas.