Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol conta para este curso co programa Educando en familia

Por 17 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Ourol conta para este curso co programa Educando en familia que ofrece un apoio ás familias atendendo á diversidade das súas necesidades e contando para isto cun proxecto de acompañamento educativo ás familias, con nenos e nenas de 0 a 6 anos, por parte de persoal especializado.

Así o vindeiro 27 de setembro haberá unha reunión informativa ás 17.00 horas no edificio multiusos de Ourol. Para coñecer máis ou preguntar dúbidas será necesario poñerse en contacto con Fany no 696 315 098.

“A importancia dos primeiros anos considérase fundamental na vida do ser humano dado que é a etapa de maior desenvolvemento polo que é preciso unha atención axeitada para o desenvolvemento de tódalas súas capacidades”, din desde o Concello. No medio rural existe unha importante despoboación e dispersión xeográfica que leva a que as familias carezan de servizos complementarios á súa labor educativa.

Esta actividade desenvólvese a través de 2 sesións mensuais de 2 horas de duración durante 9 meses (dende o mes de setembro e ata o mes de xuño)