Skip to main content
Ourol

De cara a finais do ano o Concello de Ourol realizará actividades coa Escola Galega de saúde

Por 8 Setembro, 2023Sin comentarios

De cara a finais do ano, novembro e decembro, o Concello de Ourol raelizará algunha actividade en colaboración coa Escola Galega de saúde para Cidadáns, como parte da programación de actividades formativas que realiza este organismo de forma presencial nas diferentes localidades da Comunidade Autónoma co fin de facilitar a accesibilidade das persoas usuarias á formación e información en temas relacionados coa saúde.

Durante este ano 2023 xa realizaron as seguintes actividades dentro deste programa e todas elas contaron cun elevado índice de participación polo que solicitaron algún curso máis de cara finais do ano.

Neste ano impartíronse cursos de psicomotricidade e memoria, de uso seguro do medicamento, de movilización e coidado de persoas dependentes e de exercicio físico e ocio saudable.

Por outra banda, a partir do mes de novembro e coma todolos anos, o Concello de Ouro comezará coa programación de actividades relacionadas coa promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, todas elas co obxectivo de unir as nosas forzas na repulsa da violencia de xénero e promover a sensibilización social contra as vioencias machistas, así como fomentar a educación en valores de igualdade e tolerancia.