Skip to main content
Ourol

O Goberno local de Ourol manten vixentes as prohibicións das restricións de auga na traída

Por 13 Setembro, 2023Setembro 14th, 2023Sin comentarios

O Goberno local do Concello de Ourol vén de informa que siguen vixentes as prohibicións das restricións na traída de auga para usos non esenciais.

O alcalde ourolés, José Luis Pajón, comunicou que só admiten usos domésticos esenciais para persoas e para proporcionar bebida ao gando. O Goberno local xa estivo fornecendo con cisternas ás ganderías que solicitan este servizo así como á parroquia de Bravos cuxo depósito vacíase e queda illado da traída xeral do municipio que se enche co río Xestosa nunha captación en Xan Branco.

A prohibición ten carácter preventivo ante a prolongada seca actual, a fin de evitar consumos innecesarios da auga e non se poderán lavar os coches, o baldeo de beirarrúas ou fachadas nin o enchido de piscinas.

O socialista José Luis Pajón indica que “choveu algo, pero polo momento vamos a seguir así ata que as captacións aumenten o caudal, xa que de momento pouco aumentaron”