Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol organiza unha actividade de ioga para maiores

Por 21 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Ourol organiza unha actividade de ioga para maiores co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida mediante a práctica de exercicios que axuden a xestionar o día a día con maior benestar físico, mental e emocional.

As clases terán lugar os mércores de 10.30 a 11.30 no edificio multiusos e darán comezo o día 4 de outubro de 2023.

O prazo e lugar de inscrición é ata o 29 de setembro no departamento de Servizos Sociais, ou chamando aos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457. Será requisito para participar estar empadroado no concello de Ourol.

Para realizar esta actividade será necesario formar un grupo mínimo de 10 persoas.