Skip to main content
Guntín

Licitan as obras de mellora de accesos en varios núcleos de Guntín

Por 1 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Guntín licitou o contrato que ten por obxecto o acondicinamento e a mellora dos accesos a Vigo de Mosteiro e de Corbacín a Castro, dado o mal estado no que se atopan as vías obxecto da actuación e que provocan a inseguridade viaria nos mesmos.

O orzamento total do proxecto ascende a un total de de 117.855,82 euros e o prazo de execución será de tres meses

Dadas as características do contrato e que o Concello non conta cos medios suficientes nin técnicos nin humanos para a correcta execución das obras, estas están financiadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia ao abeiro do Plan de Mellora de camiños rurais 2023- 2024 e, ademáis, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.

A Xunta investirá 84.120,00 euros e o resto estará a cargo do Concello.