Skip to main content
Guntín

Entregado a Jesús Otero o premio de investigación Condado de Pallares

Por 17 Setembro, 2023Setembro 18th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares fixo entrega do seu premio anual, que nesta edición recae no historiador lucense Jesús Otero pola súa publicación As minas de Guntín, arqueoloxía industrial na terra de Pallares. Nela realiza un traballo de investigación sobre a historia das minas, o seu impacto na paisaxe, así como a súa importancia social.

Trátase da edición número XV dun premio cunha traxectoria consolidada cun destacado papel para impulsar a investigación cultural.

Nos últimos anos, grazas a este certame téñense apoiado importantes traballos da lingüística, da historia, da arte, da arqueoloxía, da antropoloxía, e da etnografía que están a contribuír a cultura galega. De feito, este galardón está considerado como un dos máis recoñecidos no seu ámbito.