Skip to main content
Axenda CaducadaVegadeo

O Automóbil Club Vegadeo organiza o día 28 a XVI Clásicos Deportivos ruta Astur Galaica

Por 2 Outubro, 2023Outubro 3rd, 2023Sin comentarios

O Automóbil Club Vegadeo organiza o próximo día 28 de outubro, a XVI Clásicos Deportivos ruta Astur Galaica.

Nesta edición a ruta turístico de vehículos históricos desenvolverase por Vegadeo, Trabada, Barreiros e Ribadeo, sendo a saída ás 13.15 horas desde Vegadeo pola N-640 ata Porto, seguindo ata Trabada e chegando a Barreiros ás 13.45 horas.

Despois será o xantar e acto seguido, ás 17.30 horas, comezará a saída cara Vegadeo pola estrada do litoral das praias, e continuará polas estradas ata o peirao Mirasol, e desde aquí pola N‐632 ata Porto e despois a Vegadeo.

As prazas son limitadas polo que compre anotarse antes do 24 de outubro na páxina web www.automovilclubvegadeo.es.

Para finalizar a concentración entregarán trofeos ao gañador XVI edición Clásicos Deportivos Vegadeo. Roteiro Astur Galaico, ao
vehículo máis antigo rexistrado na proba, á escudaría máis numerosa, ao condutor máis veterano, ao clásico deportivo, ao clásico popular, á parella vestida de época acorde á idade do seu vehículo e aoGentleman driver.