Skip to main content
Ribadeo

A recollida de residuos de rodas agrícolas de Ribadeo está a ser un éxito

Por 24 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello estivo a organizar unha recollida de residuos de rodas agrícolas na que xa recolleu máis de 6.000 rodas agrícolas.

O alcalde, Dani Vega, declarou que “estamos satisfeitos pola resposta que está a ter a campaña da recollida de rodas agrícolas, pareceunos moi oportuna, porque había que retirar eses vertedoiros incontrolados de rodas nas distintas parroquias e tamén eses puntos negros dentro das explotacións agrícolas. As rodas non facían nada aí e os gandeiros dicíannos que a ver si faciamos unha campaña para retirar esas rodas”.

Vega considera que “entre todos debemos conservar o medio ambiente, é unha cousa de todos, non é algo única e exclusivamente das administracións, senón que o colectivo debe coidar o de todos. As rodas agrícolas eran uns puntos que debiamos eliminar”. 

Este servizo seguirá en marcha ata o 30 de novembro habilitado en dous puntos: para a zona do interior en Cedofeita e para as parroquias da costa en Piñeira.