Skip to main content
Vegadeo

O Concello de Vegadeo pon en marcha actividades para os nenos durante os venres

Por 5 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de  Vegadeo pon en marcha actividades lúdicas para nenas e nenos de 3 a 12 anos, dirixidas ao desfrute dos cativos durante os venres.

Desenvolveranse a partir do 10 de novembro en horario de 17.00 a 20.00 horas no local das asociacións.

As actividades están subvencionadas polo Goberno do Principado de Asturias con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero no marco do Plan Corresponsables.

Non é necesaria a inscrición aínda que o aforo está limitado. Para máis información haberá que chamar ao 985 634 022.