Skip to main content
Guntín

Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares farán o sábado 11 un magosto

Por 4 Novembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares celebrarán o próximo 11 de novembro, sábado, unha festa de magosto.

Haberá de menú empanada, churrasco mixto, chourizo, sobremesa, castañas, bebida e café a un prezo de 20 euros para socios e de 22 para os non socios.

A celebración terá lugar ás 14.00 horas na escola de Ferreira de Pallares e os que desexen asistir deberán anotarse antes do 7 de novembro chamando ao teléfono 639 821 729 (en horario de tarde).