Skip to main content
Monterroso

O Goberno local de Monterroso aclarar as críticas vertidas polo BNG sobre o polígono industrial

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

O Goberno local de Monterroso vén de aclarar as recentes críticas vertidas polo BNG sobre o polígono industrial nas que sinalaban que “Monterroso só recibiu unha pequena axuda, no ano 2021, para pintar marcas viarias. Este ano, volvemos a quedar fóra destas axudas”.

Segundo o Concello, investíronse 96.559,90 euros das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas os parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e 27.273,51 euros das axudas á habilitación e mellora de infraestruturas os parques empresariais do 2018, sendo concedida mediante resolución de data 02/07/2021.

A contía investida no polígono industrial “non supón unha pequena axuda” como manifesta o voceiro do BNG, senón “un investimento importante que supera os 123.833,41 euros”, indican, “e fixéronse outras solicitudes de axuda en diferentes anos de acordo coas necesidades do polígono e foron desestimadas”.

Así mesmo, din qeu “o actual Goberno municipal tomou posesión no mes de xuño, co cal non puido solicitar ningún tipo de axuda en relación co polígono, posto que aínda non saíu a nova orde que regula este tipo de subvencións. Polo que as críticas contra o actual equipo de Goberno son inxustas e infundadas”.