Skip to main content
Abadín

Cortan o luns a estrada LU-0-0130 polas obras do parque eólico da Farrapa

Por 5 Novembro, 2023Sin comentarios

A estrada LU-P-0103, propiedade da Deputación de Lugo, permanecerá cortada ao tráfico polas obras correspondentes ao Parque Eólico Farrapa, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 2,5 e 5,5 do Concello de Abadín, durante un período de 5 días a partir do vindeiro luns 6 de novembro.

A circulación desviarase pola vía municipal que transcorre polo núcleo de Abeledo, a estrada autonómica LU-113 e a estrada municipal da Corda.